DeVacas somos un cuarteto musical composto por unha guitarra e tres voces. Facemos versións de grandes temas venerados polas masas e maltratados pola historia. Detrás de cada canción mala hai un corazón que queremos reivindicar. Dende as Spice Girls ata o Gagnam Style, pasando por Enrique Iglesias ou Michel Teló… temazos que marcaron as nosas tardes de domingo na discoteca e que rescatamos para vós nun formato fresco e divertido co que emocionarse e rir a partes iguais.
//ACTUACIÓNS
domingo 16 ás 20h na Praza de Feixóo (Modus Vivendi)
venres 21 ás 19.30h na Rúa Tras Salomé (A Reixa)