Cantante e guitarrista nacido en Compostela, Adrián Costa é un dos representantes máis valorados do Blues español. Comeza na súa cidade natal aos 13 anos coa banda The Red Blues Band. Múdase a Madrid e alí, despois de formar parte de varios proxectos musicais, crea o grupo Los Reyes del K.O., formación coa que edita 6 discos e coa que está presente en numerosos festivais europeos.
Despois dunha longa estancia en Berlín, Adrián decide trasladarse á bahía de San Francisco onde comeza a traballar coa súa banda Adrián Costa Blues Persuasion.
Blues, Funk e Soul son uns dos rasgos máis característicos deste músico compostelán, ainda que non renega de mesturalos con ritmos latinos. Unha guitarrista cunha voz poderosa que non concibe a música sen o baile.
// ACTUACIÓNS:
luns 3 ás 20h na Rúa das Rodas (Fraggle Rock)
venres 7 ás 19.30h na Virxe da Cerca (Momo… a rúa)