A Liga Gaiteira Galega nace a finais do 2011 en Santiago de Compostela, en plena Galiza tropical, sendo unha amalgama de amigos e amigas, unid@s a través dos diferentes espazos universitarios, que decidiron xuntarse a redor da música tradicional para pasar un bo rato, contar uns contos e desenfurruxar os seus instrumentos. O grupo foise definindo musicalmente no que deron en chamar “Folk ‘n Roll’’, ao redor de 5 membros, que comezan a dar actuacións por diversos lugares do país e tamén do estranxeiro. No verán de 2013 son grupo residente no Café Literarios, en plena Quintana compostelana. Son a ilusión e as ganas os motores que moven este grupo a levar a súa maneira de ver a música, aló onde se lles chame.
// ACTUACIÓNS
domingo 16 ás 22h na Praza da Quintana (Literarios)