Barmer Boys (Rajasthan/India) pertecen a unha xeración de artistas que continúan coa tradición musical secular de Manganiyars e son un destacado exemplo da música contemporánea do Rajasthan e da música sufí. O trio está dirixido por Manga Mangery (voz e harmonium) xunto co acompañamento percusivo de Rais Khan (morchang, bhapang, khartaal, beat boxing) e Tarif Khan (dholak). A versatilidade de estilos e a fresca enerxía que infunden a cada unha das súas interpretacións, son parte do encanto da súa música – que vai dende espirituais kalaams sufís a inspiradoras bodas, cancións de celebración, cancións de amor, de rememoración, ata as súas exuberantes jams con beat-boxing e Dj sets. As súas incandecescentes voces sufís incitan o éxtase.
// ACTUACIÓNS
martes 4 ás 20h na Vía Sacra
mércores 5 ás 21h na Praza de Cervantes