Trío formado en 2014 por Pablo Rega (guitarra eléctrica) Saúl Puga (contrabaixo) e L.A.R. Legido (batería). A súa música é unha mestura de improvisación e composición con influenzas do free jazz así como do rock ou do noise. Capaces de pasar dos momentos máis delicados a os mais abruptos e inesperados, explorando as posibilidades sonoras dos seus instrumentos ata as últimas consecuencias. Un directo impredecible e intenso que non deixa indiferente, unha proposta fresca e arriscada dentro do panorama galego. Quen dixo medo?!
// ACTUACIÓNS
xoves 6 ás 20h en San Paio de Antealtares