The Fabulous Resaca Brothers nace cando nun concerto no Embora os sus membros deciden que é un nome que encaixa co proxecto. Pero o grupo xa comezara a andar bastante antes disto, cando Lucas Ferrández (Dixie Town, Bakin Blues Band) e Ramón Figueira (The Lakazans) se xuntan con Fon Botana para facer jam sessions todas as semanas en diferentes bares composteláns. Ao principio recreábanse nun Blues máis acústico e clásico cunha formación pequena pero pouco a pouco vanse unindo outros músicos como Tomás Porteiro (Sinestesia, Neboa), Manu Paino (Caxade, Magnifique Bande dos Homes sen Medo), Martín Zapata (ex- Ruxe – Ruxe, La Maldita Blues Band), Fran “Trilli” (The Lakazans) e Manu Gómez (Sinestesia)
// ACTUACIÓNS
luns 3 ás 22h na Praza dos Gatos
venres 21 ás 21h en San Domingos de Bonaval