The Lákazans é unha banda acústica de recente creación, pero integrada por músicos con notable experiencia na música. Unha agrupación que mestura blues, soul, country e rock & roll, cun repertorio en directo formado por grandes clásicos destes estilos musicais, aos que tamén están incorporando novos temas de creación propia. Benjamín Vázquez-guitarra, Fran Velo- baixo, Sabela Rey- voz, Almudena gómez-voz, Fran trilli-percusión, Likal-Batería e Ramón Figueira-armónica.
// ACTUACIÓNS
xoves 6 ás 21.30h na Praza de San Martiño Pinario
venres 14 ás 22h na Praza de San Paio de Antealtares