Os d’Abaixo nacen no 2010 co obxectivo de promover e animar bailes e festas tradicionais na contorna de Compostela. O seu repertorio recolle algunhas das pezas populares máis coñecidas da música galega xunto con novas achegas de fontes tradicionais ou de nova composición. Unha escolma de música cargada de forza e enerxía que leva ao baile e á foliada ao xeito de antes.
// Actuacións:
mércores 12 ás 21h na Praza de Cervantes