Aló Django é un proxecto galego que busca a inspiración no jazz e na música dos xitanos “manouche” centroeuropeos: o chamado gypsy swing, un estilo, lírico, alegre e acústico cuxo máximo representante é o mítico guitarrista Django Reinhardt. Ademais Aló Django é un show divertido máis alá do estritamente musical, coa presenza do claqué e a interactuación cómica co público, enfiando así música con xéneros escénicos de entretemento como o cabaré ou o music-hall, de onde veñen parte do seus integrantes.
// Actuacións:
xoves 13 ás 22.30 na Virxe da Cerca (Momo… a Rúa)
domingo 23 ás 19h na Vía Sacra