Xoán Porto “Guancho” (acordeón e voz) e Suso Vaamonde (zanfona e voz). Este dúo de músicos desprexuiciados está considerado pola crítica actual como o máximo expoñente da resurxente corrente denominada “Nova Troba Truana”. De feito, son os únicos representantes deste estilo. Se vostede quere escoitar boa música, e, aínda por riba, quere escachar de risa e disfrutar do humor e a retranca con letras novidosas e melodías do país, este é o seu grupo.
Apto para todo tipo de público (celíacos, diabéticos, cirróticos…), este dúo humorístico-musical galego e do máis saudable que se pode atopar vostede nas boticas do século XXI. No percorrer da súa xira polas terras do norte, Cantata Vernácula co seu espectáculo “Lástima de muchachos”, achegaráse a calquera punto xeográfico da Gallaecia, onde for (en inglés “on the four”).
// Actuacións:
mércores 12 ás 21h na Praza de Cervantes