Os Contrastes xéstanse nas aulas do Instituto Rosalía de Castro a finais do ano 1990. Trátase do primeiro conxunto que forman os irmáns Gonzalo (guitarra rítmica) e Jose Antonio Sende (guitarra solista), xunto con Alfonso Espiño (baixo e voz). Posuídos polo espírito de The Beatles nunha Compostela na que predominan os combos de blues, jazz e metal, comezan a escribir os seus propios temas, grandemente influenciados polos de Liverpool en principio, mais axiña empapados polo son de The Byrds e a lírica musical de Simon & Garfunkel. Así, nas súas propias composicións, a banda traballa unha textura pop eléctrica pero suave, na que a melodía e os xogos vogais son o punto máis forte.
// actuacións:
luns 10 ás 19.30h en Trás Salomé
// bandcamp