Tras o seu paso por bandas como Vado Permanente, The Preachers e Sugar Mountain, chlega o primeiro traballo en solitario de Gonzalo Arca. Alone At The Crossroad (Dotbeat, 2014) preséntase como unha das revelacións para este ano 2015. Un traballo que camiña entre o Rock, o Soul e o Country, cos sons clásicos americanos, pero cun aire Pop que o actualiza. Cancións sinceras e honestas que transmiten por momentos certa nostalxia. Un cúmulo de emocións e sentimentos encontrados que flúen en perfecta armonía a través dunha voz moi especial.
No directo acompáñano unha banda de luxo: Antonio Casado “El Abuelo” á guitarra, Lucas Férnandez, David Vidal no baixo, Ser Caneda aos teclados e Tom Risco á batería.
// Actuacións:
sábado 8 ás 22h na Praza de San Paio de Antealtares