GELRIA

Gelria nace coa finalidade de crear unha antoloxía poetico-musical galega a partires de textos dos autores máis representativos da nosas letras. É un colectivo cultural integrado por Federico Mosquera, Mario G. Cortizo e Elena Tarrats que conflúen no terreo musical provindo de diferentes eidos culturais como a música clásica e contemporánea ou o teatro. É unha antoloxía poética musicada, con autores que van desde o Rexurdimento, no s. XIX (Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez) ata os nosos días, pasando polos poetas da xeración das vangardas dos anos 20 e 30, a xeración da posguerra, e promoción de enlace. As cancións móvense dentro dun abano moi amplo e mesmo ecléctico de tendencias musicais, que van dende a música tradicional ata o emprego de elementos do jazz, e elementos rítmicos e harmónicos da creación musical contemporánea. Todo elo acorde á evolución estilística da poesía galega ó longo do século XX.

// Actuacións:

xoves 20 ás 13h na Vía Sacra

// facebook

TERBUTALINA

Terbutalina faiche bailar como se te duchases todas as mañás en augardente. Terbutalina é garage-punk festeiro disparado por cinco asmáticos da costa oeste amantes do tabaco, a praia e o matrimonio entre políticos. Desde a súa formación en 2010, Terbutalina non parou de tocar, medrar e divertirse. Estes cinco monógamos e promiscuos galegos pasearon o seu intenso garage-punk por salas, festivais e festas de todo o Estado. A mellor mostra do lío que teñen organizado está nos seus directos, nos que non existe marxe para o descanso.

// Actuacións:

mércores 19 ás 21h na Praza de Cervantes

// facebook

THEE BLIND CROWS

Thee Blind Crows surxe do cruce de camiños entre o blues e o punk. Un son cú que fai vibrar ata a extenuación. Influenciados por mil bandas que van de Inmortal Lee County Killers, R.L. Burnside, The Sonics ós primeiros White Stripes, este enérxico dúo de melómanos pontevedrés afincado na Coruña conseguiu un son único e persoal que che fará viaxar dende o Mississippi a Detroit a través dos sons máis primitivos e pantanosos. Un explosivo que ao detonar expande toda a súa metralla composta de blues, garage, country e punk alcanzando cualquera forma de vida, quebrando pescozos e provocando convulsións.

// Actuacións:

mércores 19 ás 21h na Praza de Cervantes

// facebook

LAFRESA

Fernando e Xulián son dous vellos coñecidos con moi longos e diferentes percorridos na música. No 2014 atópanse en Madrid e deciden unir as súas forzas nun dúo explosivo que toque a música como se facía antes, cunha escola e personalidades propias. Empregando maneiras de tocar de fai máis dun século, como o fingerpicking, o four on the floor ou o bottleneck, arremeten contra toda a música negra do s.XX producindo un son orixinal de alto contido temporal que en cuestión de segundos ataca ás túas cadeiras e lévante a bailar, cantar ou replantexarte a túa relación co universo.

// Actuacións:

martes 18 ás 22h en San Paio de Antealtares

martes 25 ás 20h na Vía Sacra

// bandcamp

CUERPO ASTRAL

Cuerpo Astral é unha banda de música electrónica formada por Lua Gándara (cantante e artista multidisciplinar), Vanesa Castro e Iñaki López (do grupo Os Gru e da produtora cultural Fur Alle Falle). Son 100gr de electrónica, 62gr de folklores varios, 8gr de sabrosura tropical, 40gr de hip hop e un toque de reggaetón ilustrado. E inclúe bailes balineses e visitas guiadas polas 7 maravillas do mundo.

// Actuacións:

luns 17 ás 22h en Tras San Fiz de Solovio

// facebook

RECONTO DE DANOS

Reconto de danos é unha peza de nova creación, dunha duración de 40 minutos, creada e executada por Amparo Malo.

O que un quere ser e acaba sendo, materializado no corpo dunha bailarina de ballet. Este é o eixo central arredor do cal xira esta peza. Da intención de despertar no espectador un estado emocional xerado por “imaxes de impacto” nace esta hibridación de teatro, danza, cabaret, performance….

// Actuacións:

luns 17 ás 22h en Tras San Fiz de Solovio

// facebook

BASTARDS ON PARADE

Bastards on Parade é unha banda de punk celta formada a finais de 20017 na Coruña. Mesturan o punk tabernario coas súas raíces celtas. Cunha base caracterizada polo punk rock, engaden instrumentación tradicional como a gaita galega, a mandolina ou o acordeón, todo elo aderezado cunhas letras de temática festiva, dando tamén cabida a temas máis comprometidos socialmente como a identificación coa clase traballadora, a defensa da cultura e a promulgación da tradición galega.

 

// actuacións:

sábado 15 ás 22h na Praza da Quintana (terraza do Literarios)

// facebook