O FESTIVAL

Feito a Man é un festival de rúa organizado pola  ASOCIACIÓN CULTURAL CIDADE VELLA  que pretende xerar sinerxias entre os espazos singulares da cidade e a creación artística.

Durante o mes de agosto, Feito a Man deseña e pon en escena un ciclo continuado de actuacións no que caben actividades artísticas de diverso xénero: Música- Cabaret- Instalacións- Performance- Teatro- Dj´s… Un festival de diversidade. Un fenómeno espacial onde interactúan os suxeitos dunha colectividade a través da creación.

Un dos obxectivos fundamentais do festival Feito A Man é dar a coñecer e difundir a capacidade creativa da cidade e o potencial da cidade vella como entorno excepcional para o seu posicionamento e visibilización. Asi mesmo, tamén se busca a implicación activa na dinamización cultural de Compostela e o compromiso coas manifestacións artísticas máis diversas, servindo como plataforma e vínculo entre os universos creativos e as xentes que habitan as rúas da cidade.

Os escenarios de Feito a Man son as rúas e prazas da cidade histórica de Compostela que se converten nun marco singular para deixar o protagonismo ao artista, o espectador, o espazo e as sinerxias que entre eles se producen.

Polos diferentes espazos do Festival, durante estes anos pasaron artistas como Lobalú, Fanfare Ciocarlia, Chévere, Alejandro Vargas Trío, Super Ratones, Es un árbol, Fluzo, Dr. Gringo, Aline Frazao, Davide Salvado, Ricardo Parada, Xoán Curiel, Dirty Socks, Xacobe Martínez, In Reverse, Los Chavales, Tony Lomba e Elio dos Santos, Fred Martins, Marcos Teira, O Coro da Rá, Aló Django, … entre moitos outros.

 

Deixar un comentario