ULTRANOITE NO PAÍS DOS SOVIETS

Hai exactamente catro anos, en agosto de 2011, celebrouse na Quintana a  Ultranoite dun Soño de Verán. Ese soño de verán foi a Nasa, un soño compartido durante 20 anos e forzado a desaparecer antes de converterse nun pesadelo. E esa Ultranoite no corazón mesmo da cidade foi a mellor despedida imaxinada para a Nasa. Un acto de autoafirmación colectiva, un xesto de desobediencia cultural e unha das festas teatrais máis radicalmente emotivas que puidemos vivir en case 30 anos dedicados a isto da cultura en Compostela. Mais aquela noite tamén marcou o inicio doutro soño. O de resistirse a aceptar as cousas como son e permanecer cos ollos ben abertos ata poder ver que entre todos podemos mudalas. Pode parecer que trasncorreu unha inmensidade dende aquela noite de agosto de 2011 e só foron catro anos que o cambiaron todo. Agora a Ultranoite volve á Quintana para saudar ao futuro. E xa que nunca conseguiron que perdéramos o humor, agora imos facer del un arma de construción masiva. Coa participación de Patricia de Lorenzo, Xron, Miguel de Lira, Manuel Cortés, Mónica García, Arantza Villar, César Goldi, Iván Marcos, Xacobe Martínez Antelo, Manuel Cebrián, Max Gómez, Carlos Santiago, Marcos Ptt, Pablo Reboleiro, Antón Coucheiro e Os da Ría.

// Actuacións:

mércores 26 ás 22h na Praza da Quintana [apertura de portas ás 21h]

entrada 12€

// redenasa

APPLE THREE

Apple Three é unha nova proposta musical de parte de Marcos Pin, Pablo Castaño e Narci Rodríguez. Trío atípico formado por voz, guitarra e saxo onde as posibilidades musicais multiplícanse . Re lectura de standars como excusa perfecta de improvisación.

// Actuacións:

martes 25 ás 22h en San Paio de Antealtares

2M15

Desde o ano 2003 o dúo formado por L.A.R. Legido e Pablo Sax vén creando en base á improvisación e o diálogo musical, afín á circunstancia cotidiana de seguir sorprendéndonos e abrir as posibilidades de expresión ao máximo. Dous músicos, médiums, menciñeiros, manipuladores dos sons imprevistos percorrendo as secuencias do tempo presente, respirando xuntos na aventura da creación improvisatoria. 2M é unha proposta que percorre o tempo terrestre nas sucesivas edicións que marca o calendario.

// Actuacións:

martes 25 ás 13h na Praza de Cervantes (terraza da Gramola)

// vídeos

TUNDAL

Este nome sonoro serve para denominar un grupo de músicos que baixo o tundal do idioma e da música tradicional, alí onde sexa chamado fará música de rúa, tanto instrumental como cantada e que levará sempre no seu repertorio cantares de cego, romances, cantigas e pezas para seren bailadas. Xosé L. Ansemil (percusión e voz),  Antón Castro (mandolina, zanfona e voz), Manolo Darriba (acordeón e voz), Miguel A. Díaz (clarinete e voz), Xan Fuertes (violín e voz) e Pedro Lucas (gaita, frautas e voz).

// Actuacións:

luns 24 ás 20h na Praza de Feixóo

N.O.M.

Nova Orde Mundial nace en Ordes (A Coruña) no ano 2013 e está formada por Soneira (voz), Gael (guitarra), Prego (batería) e Suite (baixo). No 2014 sacan o seu primeiro traballo autoeditado, unha demo de 5 pezas que foi elexida dentro das 10 mellores demos do ano pasado pola revista Mondo Sonoro. O estilo da banda pode definirse como metal, con destellos punk rock.

// Actuacións:

sábado 22 ás 20h en Tras San Fiz de Solovio

// bandcamp

TATO TRÍO

Tato Vázquez na guitarra, Alex Salgueiro no órgano Hammond e LAR Legido na batería. Este trío nace para render homenaxe a algunhas das figuras máis importantes do xénero soul-jazz dos 60 e 70, buscando reflectar a frescura e o ritmo dunha época influenciada pola sonoridade do hammond.

// Actuacións:

sábado 22 ás 13h en San Paio de Antealtares

DIXIE TOWN

Dixie Town son un grupo vigués que traballa unha gran variedade de rexistros, cun son inspirado en referencias tan dispares como Captain Beefheart, Blue Cheer… xunto coa súa bagaxe habitual plagada de guiños a power trios clásicos como Ten years after, Grand Funk Railroad e o son de bluesmans texanos como Johnny Winter.

// Actuacións:

venres 21 ás 21h en San Domingos de Bonaval

// facebook

SABELA & HEARTBREAKERS

Trío formado por Sabela King, Ramón Figueira e Benjamín Vázquez, todos eles membros de The Lákazans. Estilisticamente móvense entre o blues o country e o soul, adaptando versións dos clásicos destes xéneros a un formato reducido. Parte do repertorio está formado por temas propios.

// Actuacións:

venres 21 ás 13.30h en Tras San Fiz de Solovio

// facebook

IGMIG

 

Igmig renova a súa proposta musical con temas novos acompañando aos hits que os fixeron destacar na pasada edición, sempre mantendo o mesmo concepto lúdico de música e performance onde o humor e a calidade musical son protagonistas.

Formado por Mig Seoane (voz e guitarra), Nacho Muñoz (voz e teclados) e Suso Feixón (batería), este trio vigués é dificil de encasillar: grandes doses de postpunk, funk, rock progresivo, electro, techno… aínda que tamén introducen elementos da musica clásica do sXX como o serialismo e a improvisación. As letras recordan o dadaismo e utilizan a prosodia da voz como elemento compositivo.

// Actuacións:

xoves 20 ás 21h na Praza de San Martiño Pinario

// facebook

ES UN ÁRBOL

Fan o que dan en chamar rock absurdo. Son o futuro como o sorriso dun neno e están dispostos a facerche arder dentro da súa agreste maquinaria musical. 10 anos de traxectoria e multitude de concertos pola galia e o resto da península.Cada vez que mercas un disco de Es un Árbol nace un oso panda. Es un Árbol pertencen ao colectivo musical METAMOVIDA.

// Actuacións:

xoves 20 ás 21h na Praza de San Martiño Pinario

// facebook