ULTRANOITE NO PAÍS DOS SOVIETS

Hai exactamente catro anos, en agosto de 2011, celebrouse na Quintana a  Ultranoite dun Soño de Verán. Ese soño de verán foi a Nasa, un soño compartido durante 20 anos e forzado a desaparecer antes de converterse nun pesadelo. E esa Ultranoite no corazón mesmo da cidade foi a mellor despedida imaxinada para a Nasa. Un acto de autoafirmación colectiva, un xesto de desobediencia cultural e unha das festas teatrais máis radicalmente emotivas que puidemos vivir en case 30 anos dedicados a isto da cultura en Compostela. Mais aquela noite tamén marcou o inicio doutro soño. O de resistirse a aceptar as cousas como son e permanecer cos ollos ben abertos ata poder ver que entre todos podemos mudalas. Pode parecer que trasncorreu unha inmensidade dende aquela noite de agosto de 2011 e só foron catro anos que o cambiaron todo. Agora a Ultranoite volve á Quintana para saudar ao futuro. E xa que nunca conseguiron que perdéramos o humor, agora imos facer del un arma de construción masiva. Coa participación de Patricia de Lorenzo, Xron, Miguel de Lira, Manuel Cortés, Mónica García, Arantza Villar, César Goldi, Iván Marcos, Xacobe Martínez Antelo, Manuel Cebrián, Max Gómez, Carlos Santiago, Marcos Ptt, Pablo Reboleiro, Antón Coucheiro e Os da Ría.

// Actuacións:

mércores 26 ás 22h na Praza da Quintana [apertura de portas ás 21h]

entrada 12€

// redenasa

Deixar un comentario