Amargo Sueco é un dúo cómico formado por Cristina Moreira e Lúa Gándara. Co seu espectáculo musical “De revista” dan un xiro a temas clásicos de musicais como New York ou Flashdance, cuestionando con moito humor (negro) a idea de muller de éxito que temos aprendida pola televisión, o cine e as revistas do corazón. A dirección da obra é de Cristina Mariño e os textos de Carlos Castrillón Doce, Cristina Moreira e Lúa Gándara
// Actuacións:
sábado 15 ás 13.30 en Tras Salomé